SeiriVoice Live · Directo multilingüe

O teu directo, noutro idioma, mentres ocorre.

SeiriVoice Live escoita o sinal, transcríbeo, tradúceo e devólveo subtitulado ou dobrado en tempo real. Para emisións, eventos e plenos onde a accesibilidade non pode agardar pola posprodución.

  1. 01

    Accesible desde o primeiro segundo

    Subtítulos automáticos na emisión e na sala, sen estenotipia nin quendas de subtitulado.

  2. 02

    Un sinal, varios idiomas

    Traduce en tempo real e entrega cada idioma como subtítulo ou como pista de audio dobrada.

  3. 03

    Menos mans, o mesmo control

    Un operador supervisa as canles desde un panel. O traballo repetitivo faino a máquina.

Que fai

Unha cadea de voz completa.

Cada canle combina os motores que necesitas: recoñecemento, tradución e síntese.

Transcrición en directo

Voz a texto en tempo real con diarización: sabe cando cambia o falante.

Tradución simultánea

Traduce o texto sobre a marcha e mantén o contexto da frase, non palabra por palabra.

Subtítulos e closed captions

Como vídeo con subtítulos incrustados, como closed captions ou nunha vista de prompter a pantalla completa.

Dobraxe sintética

Devolve o sinal cunha pista de audio dobrada. Clonación de voz para conservar o timbre orixinal.

Canles configurables

Cada canle ten a súa entrada, os seus motores e as súas saídas. Créanse e monitorízanse desde o navegador.

Protocolos estándar

Entra por SRT ou RTMP, os protocolos de contribución que a túa cadea xa usa.

Como funciona

Entra un sinal. Saen os que necesites.

  1. 01

    Entrada

    Envía audio ou audio e vídeo por SRT ou RTMP.

  2. 02

    Recoñecemento

    O motor de voz transcribe con detección de actividade e de falantes.

  3. 03

    Tradución e voz

    O texto tradúcese e, se queres dobraxe, sintetízase no idioma de destino.

  4. 04

    Saída

    Subtítulos para prompter, vídeo con closed captions ou vídeo dobrado.

Demo

SeiriVoice Live en acción.

Ficha técnica

Feito para unha sala de control.

Entradas
SRT e RTMP; audio ou audio + vídeo
Saídas
Subtítulos para prompter, re-speaking, vídeo con closed captions, vídeo dobrado
Motores
Voz a texto, tradución e síntese de voz, combinables por canle
Monitorización
Panel web en tempo real por canle: estado, subtítulos por idioma e saúde do sinal
Axuste
Detección de actividade de voz, termos propios reforzados e retardo de subtítulos configurable
Voces
Voces propias desde o portal de adestramento
Despregamento
Na nube ou nos teus servidores con GPU

FAQ

Preguntas frecuentes

Que retardo engade?

O retardo de entrega dos subtítulos configúrase por canle; subtitular engade menos que traducir e dobrar. Axustámolo contigo, sobre o teu sinal.

Podo usalo só para subtítulos?

Si. Cada canle activa só os motores que necesita: transcrición, tradución, dobraxe ou os tres.

Serve para eventos presenciais?

Si. A vista de prompter amosa os subtítulos a pantalla completa na sala, ademais da saída para streaming.

E para contido gravado?

Para ficheiros, a transcrición e a tradución forman parte de Seiri. SeiriVoice Live leva esa mesma intelixencia ao sinal en directo.

Seguinte paso

Mándanos o teu sinal. Axustamos o retardo contigo.

Unha proba sobre o teu propio directo, cos idiomas e as saídas que necesitas.